A Consellería de Educación resolve as axudas complementarias do programa universitario de Erasmus

Os beneficiarios son 1.490 alumnos e alumnas de universidades galegas que participan dentro do programa de mobilidade, entre os que se repartiran 1.000.000 euros

Sáb, 23/06/2012 - 10:05

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder as 1.490 axudas para os alumnos e alumnas matriculados nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza, entre os que se repartiran os 1.000.000 euros orzamentados con tal propósito.

Este ano os beneficiarios foron 541 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela; 370 da Coruña; 567 de Vigo; e 3 da UNED. Na relación de países de destino dos receptores das axudas, a maioría deles optaron por irse a Italia, con 334 estudantes; Portugal, con 198; Polonia, con 199; Francia, con 125, Reino Unido 100  e Alemaña, con 124.

A Consellería é consciente da importancia da mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Por iso volveuse a realizar esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico que complemente o financiamento das axudas achegadas pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente.

Por xénero 791 mulleres e 699 homes recibirán as axudas complementarias de Erasmus. A   contía máxima é de 1.040 euros, situándose a media das axudas en 671 euros. O importe varía en función do expediente académico e da duración da estancia. Cómpre destacar que todos os solicitantes que cumpriron os requisitos recibiron as correspondentes axudas.

Os beneficiarios

As bolsas destináronse aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Os beneficiarios permaneceros un mínimo de tres meses no país seleccionado.

Desde o nacemento destas axudas, hai 22 anos beneficiáronse 12.631 estudantes do Sistema Universitario de Galicia. Pasando dos 41 receptores do 1990 aos 1.490 do presente ano. Deste xeito, tódolos solicitantes que cumprían os requisitos da convocatoria recibirán esta axuda complementaria en próximas datas.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza