Cultura e Educación da un novo paso para a reposición da cuberta do CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén, Pontevedra

Adxudicouse a execución das obras de melloras no centro do concello pontevedrés

Xov, 31/05/2012 - 13:45

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a execución das obras de mellora na cuberta do CPI Curros Enríquez, en Pazos de Borbén (Pontevedra), a empresa Obreal SL, e por un importe de 120.689,33 euros.

A obra do centro pontevedrés foi adxudicada segundo o proxecto básico e de execución redactado pola arquitecta María Dolores Blanco, e terá un prazo de execución de 3 meses. Trátase dunha aposta decidida deste departamento polo benestar da comunidade educativa, un firme compromiso que se mantén malia aos actuais tempos de crise económica.

Coa execución da obra da cuberta procederase a corrixir as filtracións de auga existentes pola falta de impermeabilización así como a antigüidade da mesma e a súa construción en chapa simple con placa nervadas. Para a mellora da cuberta construírase unha nova de estrutura metálica de soporte de cuberta cunha maior pendentes sobre a que se colocará a chapa de cubrición definitiva.

Na intervención se procederase, entre outras accións, á retirada e desmonte da chapa así como á eliminación da estrutura da cuberta, e a retirada do canlón e baixantes, instalación da novas estrutura cuberta con pendente superior e anterior e con maior aleiro. Unha obra que comezará unha vez que se comprobe o trazado da mesma co obxectivo de garantir os mellores resultados.