A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega do Premio de Relato curto en galego de Coca Cola

O secretario xeral de Política Lingüística salientou neste acto a súa satisfacción por entregarlle un premio á mocidade que escribe e fala o galego, porque “iso o é o que garante o presente e o futuro da nosa lingua”

Ven, 25/05/2012 - 19:40
A gañadora do concurso coas finalistas
A gañadora do concurso coas finalistas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da IV Edición do Premio de Relato Curto en Galego de Coca Cola, organizado por Begano, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Durante este acto, celebrado no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, Valentín García expresou a súa satisfacción por entregarlle un premio á mocidade que escribe e fala o galego, porque “iso o é o que garante o presente e o futuro da nosa lingua”.

Nesta cuarta edición do certame resultou gañadora autonómica Carmen Novo González, do IES Vilar Ponte (Viveiro), que recibiu como agasallo unha viaxe cultural e de lecer a Amsterdam, na que estará acompañado polo seu profesor de lingua galega.

O gañador tivo que superar unha proba de selección que se realizou no mes de abril de forma simultánea en centros educativos das catro provincias galegas, e na que fixo gala da súa habilidade para elaborar un relato breve sobre o tema marcado pola organización do concurso.

Menús News node R