Cultura e Educación apoia a Rosalía Morlán no labor de arrincar un sorriso aos cativos enfermos coa poesía en galego

O secretario xeral de Política Lingüística participou an presentación de ‘Estrelas de azucre’, un poemario que a autora, enfermeira de profesión, lles dedica aos nenos con problemas de saúde

Ven, 04/05/2012 - 20:09
Cultura e Educación apoia a Rosalía Morlán no labor de arrincar un sorriso aos c
Cultura e Educación apoia a Rosalía Morlán no labor de arrincar un sorriso aos cativos enfermos coa poesía en galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou hoxe a Rosalía Morlán na presentación de Estrelas de azucre, o seu último poemario, co que a autora –enfermeira de profesión, busca arrincar un sorriso ás cativas e cativos enfermos. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou neste acto, no que gabou o labor da poetisa coruñesa por “contribuír ádinamización da lingua galega en dous ámbitos prioritarios de actuación para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, como son a infancia e o socio-sanitario” e por “axudar, a través dos seus poemas, a que os nenos e as nenas relacionen a lingua galega cos momentos de alegría e de felicidade”. Na presentación, celebrada no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), participaron ademais o director de Edicións Fervenza, Xosé Luna Sanmartín; e os escritores Olimpio Arca, Xosé Neira Vilas e a propia Rosalía Morlán. Ademais o acto foi musicado polo cantautor Manoele de Felisa.

Estrelas de azucreé o novo volume de poemas desta autora, no que recolle os recordos da súa infancia en Trazo (A Coruña). Recordos en galego, a lingua na que viviu a súa nenez, e coa que tenta transmitirlles estas lembranzas felices ás nenas e nenos con problemas de saúde. Trátase, pois, dunha obra de profunda humanidade, coa que se procura regalar momentos doces a estes cativos, achegándoos ao mesmo tempo á lingua propia de Galicia, vencellada ás súas orixes.

Con este poemario Rosalía Morlán continúa o seu labor literario dedicado aos máis pequenos, que lle ten valido o recoñecementos como ser a gañadora do V Premio de poesía sobre la mar “Brisa marina”, que convoca a Sociedade Artística Ferrolá (2011), ou o primeiro premio -Cardo de Prata- na XIII edición da “Fiesta del Aquelarre Poético Hogueras de San Juan”. Morlán  foi ademais finalista do premio de poesía “Rosa de oro”; e mención de honra do premio Arume de Poesía (2009) con A coitada lúa.

Menús News node R