Román Rodríguez felicita ao alumnado graduado da facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense

Ven, 23/05/2025 - 15:01
graduación

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, felicitou hoxe aos case 100 alumnos da promoción 2021-2025 da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense por rematar os seus estudos universitarios. O representante do Goberno galego, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, participou no acto de graduación dos graos de Administración e Dirección de Empresas e o de Turismo; os dobre graos de ADE e Enxeñería Informática e o de Turismo e Xeografía e Historia, e os másteres Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde e o de Xestión Empresarial do Deporte, así como o programa universitario para o Emprego e Vida Autónoma.