O secretario xeral de Cultura destaca a contribución do sector audiovisual ás industrias culturais galegas nun encontro con Perro Verde Films

Xov, 03/05/2012 - 16:57
O secretario xeral de Cultura destaca a contribución do sector audiovisual ás in
O secretario xeral de Cultura destaca a contribución do sector audiovisual ás industrias culturais galegas nun encontro con Perro Verde Films

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse hoxe con Manuel Cristóbal e María Arochena, de Perro Verde Films, nun encontro no que tivo ocasión de coñecer os proxectos nos que está a traballar actualmente a produtora galega. 

Na xuntanza, que tivo lugar en Santiago de Compostela, Anxo Lorenzo puxo en valor o audiovisual galego, que conta cunha industria moderna e consolidada, avalada por unha ampla traxectoria de producións cinematográficas e televisivas recoñecidas a nivel nacional e internacional.

O secretario xeral tamén aproveitou a xuntanza para felicitar a Manuel Cristóbal e María Arochena polo traballo de Perro Verde Films, produtora do filme Arrugas, premiado este ano cos Goya á mellor longametraxe de animación e ao mellor guión adaptado, e con cinco galardóns nos Mestre Mateo. Perro Verde Films tamén recibiu recentemente o Cartoon Movie Tribute 2012 á mellor produtora europea no Cartoon Movie.

Menús News node R

Tema