O conselleiro de Cultura e Educación apoia o XX congreso Internacional Periodopesca 2012

Xesús Vázquez Abad compartiu xantar cos asistentes a este encontro, que reúne a un cento de xornalistas e expertos en natureza, turismo rural, caza e pesca

O congreso leva dúas décadas dando a coñecer a riqueza cultural, natural e gastronómica das vilas galegas nas que se celebra

Lun, 30/04/2012 - 14:34
O conselleiro de Cultura e Educación apoia o XX congreso Internacional Periodope
O conselleiro de Cultura e Educación apoia o XX congreso Internacional Periodopesca 2012

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, apoiou hoxe o labor do XX congreso Internacional de Caza, pesca, Natureza e Turismo Rural, Periodipesca 2012, que se celebra ata mañá no municipio lucense de Pantón. Este encontro, que conta co respaldo da Xunta de Galicia para reunir a un centro de xornalistas e expertos nas devanditas materias de España e Portugal, leva dúas décadas dando a coñecer a riqueza cultural, natural e  gastronómica das vilas galegas nas que se celebra. No acto estivo acompañado pola delegada da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias.

Baixo o título ‘Pantón, terra de fogóns, viño e singular natureza’, no marco do congreso estanse a celebrar degustacións de produtos da terra e do mar, catas de caldos galegos e portugueses, así como diferentes excursións a Sober, Monforte ou Escairón. Neste encontro homenaxéase ademais a figura de José Ignacio Ñudi, a quen se lle concede o título de ‘Xornalista distinguido’, polo seu traballo de anos á fronte da revista ‘Trofeo’.

A xornada de hoxe comezou cunha recepción na Casa do Concello, seguida dunha visita á vila e unha comida de confraternización. Xa pola tarde está prevista unha visita ao centro alfareiro Rectoral de Gundivós e unha cena de clausura do congreso. Ao longo destas xornadas desenvolvéronse diferentes conferencias e mesas redondas arredor da pesca, caza e turismo rural, que contaron coa participación de reputados xornalistas e expertos do sector.

Menús News node R

Tema