Cultura e Educación converte o 4 de maio o Gaiás nunha pasarela de moda co desfile da 3ª promoción de deseño de moda da Mestre Mateo

Trece deseñadores novos da escola galega presentarán ás 19:30 horas na Biblioteca de Galicia a súa colección de fin de carreira, chea de creatividade, orixinalidade e talento

Cultura e Educación busca, coa colaboración neste Despunte 2012, apoiar e dar a coñecer os creadores emerxentes do país

Dom, 29/04/2012 - 09:35

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá o vindeiro venres 4 de maio, a partir das 19:30 horas, a Cidade da Cultura nunha auténtica pasarela de moda. Os alumnos da 3ª promoción de diplomados en Estudos Superiores en Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo serán os encargados de vestir de frescura e orixinalidade a Biblioteca de Galicia a través de Despunte 2012, desfile no que amosarán os seus traballos de fin de carreira.

Trece serán os novos deseñadores cheos de novos aires e novos talentos que tratarán de sorprender aos asistentes cunha colección na que a creatividade, o traballo e a dedicación serán os elementos comúns.

Esta colaboración coa EASD Mestre Mateo enmárcase dentro da liña de traballo da  Cidade da Cidade de apoio á educación e aos novos talentos e creadores do país. Preocupada por apoiar á xente nova nos procesos de aprendizaxe e no desenvolvemento da súas habilidades, Cultura e Educación pretende a través de iniciativas como esta contribuír a estimular o seu traballo e a súa creatividade, así como dar a coñecer entre o público as creacións dos talentos emerxentes.

Menús News node R

Tema