Publicación da composición dos tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso convocado mediante a Orde do 14 de febreiro de 2025 (ED001A)

Ven, 02/05/2025 - 10:23

Xúntase a Resolución do 30 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).