Profesores de Aragón achéganse ás boas prácticas do sistema educativo galego no Instituto Virxe do Mar de Noia

O director xeral de Centros e Recursos Humanos recibe dous grupos de docentes que coñecen a realidade dos nosos centros a través do programa Observa_acción

Xov, 06/03/2025 - 13:07
Alumnado e grupo de profesores posando en pé diante dun encerado

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, recibiu hoxe un grupo de profesores do Instituto IES Francés de Aranda (Teruel, Aragón) que están a coñecer o sistema educativo galego no Instituto IES Virxe do Mar de Noia a través do programa de intercambio de experiencias docentes Observa_Acción. Ao abeiro desta mesma iniciativa, reuniuse tamén con mestres do CEIP Príncipe Felipe (Jumilla, Murcia) que están a visitar o Colexio CEIP Pío XII (Santiago de Compostela).

 

Durante a súa estadía en Galicia ambos grupos de docentes coñecen en primeira persoa iniciativas educativas innovadores como os Polos creativos, así como o traballo coas radios escolares e a robótica ou os programas de plurilingüismo e a prol da convivencia escolar, entre outros.

 

O intercambio completarase nos próximos meses con visitas de docentes galegos que participan neste programa a Aragón e Murcia para realizar as súas correspondentes visitas de observación.

 

O programa Observa_Acción promove os intercambios de experiencias entre profesores e a creación de redes de aprendizaxe con centros tanto dentro de Galicia como con outras comunidades e países. O obxectivo é implementar innovacións pedagóxicas e promover a mellora continua do ensino. Na convocatoria actual participan 26 centros educativos galegos, que visitan centros de sete comunidades autónomas. Tamén se está a traballar na xestión da observación en centros educativos a nivel internacional.