Vázquez Abad reúnese en Lalín cos membros da Federación de Libreiros de Galicia

Sáb, 21/04/2012 - 19:38
Xesús Vázquez Abad con membros da Federación de Libreiros de Galicia
Xesús Vázquez Abad con membros da Federación de Libreiros de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo hoxe un encontro co presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño Pérez, e os membros da entidade, que é a responsable de organizar os XXI Premios Irmandade do libro. Con este encontro, o titular de Cultura e Educación da Xunta volve demostrar a fluída relación entre a Administración e a Federación.

Tras a xuntanza, Vázquez Abad visitou os expositores da Feira do Libro de Lalín.