Cultura e Educación presenta no Salón Teatro tres funcións do espectáculo Oeste solitario de Producións Teatráis Excéntricas

Poderá verse este venres 20 e o sábado 21, ás 20.30 horas; e o domingo 22, ás 18.00

Quico Cadaval dirixe esta peza de teatro escrita polo irlandés Martin McDonagh e protagonizada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa

A montaxe recibiu tres premios María Casares 2012 e opta ao Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Espectáculo Revelación por Galicia

Xov, 19/04/2012 - 12:55
Cultura e Educación presenta no Salón Teatro tres funcións do espectáculo Oeste
Cultura e Educación presenta no Salón Teatro tres funcións do espectáculo Oeste solitario de Producións Teatráis Excéntricas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións de Oeste Solitario, a última creación da compañía Producións Teatráis Excéntricas, que conta coa dirección escénica de Quico Cadaval. A peza, gañadora de tres premios María Casares 2012 e finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Espectáculo Revelación, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 20 e sábado 21 ás 20.30 horas; así como o domingo 22 ás 18.00 horas.

 

Tras o éxito da anterior montaxede Excéntricas, Un Cranio Furado (A Skull in Connemara), QuicoCadaval regresa de novo ao teatro irlandés co texto de Martin McDonagh que pecha a súa Triloxía de Leenane, a terra do oeste de Irlanda na que “pode pasar de todo”, din. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira interpretan ao fraterno dúo protagonista e María Lado e Marcos Correa completan o elenco interpretativo. A compañía galega tamén contou coa colaboración de Avelino González na adaptación e tradución da peza; Marcelino de Santiago "Kukas" no deseño da escenografía; Octavio Masna iuminación ePiti Sanz noespazo sonoro.

 

Westerndoméstico

A acción de Oeste Solitario desenvólvese nunha casa afastada nas terras desa latitude de Irlanda, na aldea de Leenane. Nesa morada viven os protagonistas da obra, Valene e Coleman Connor. Tan pronto como regresan do funeral do seu pai –morto nun accidente de caza doméstico– os dous irmáns empezan a disputarse a herdanza e converten a casa nun campo de batalla. Nesta especie de western doméstico tamén interveñen Girleen, a rapariga da aldea que lles vende a augardente ilegal, e o padre Welsh, patético párroco fracasado, os que provocan, sen sabelo, un xiro inesperado na historia.

Evaristo Calvo (como mellor actor protagonista), Octavio Mas (mellor iluminación) e Avelino González (mellor adaptación-tradución) foron tres dos galardoados cos Premios de Teatro María Casares na súa XVI edición celebrada o pasado 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Ademáis, Oeste Solitario figuraba tamén como finalista nas categorías de Mellor Espectáculo, Mellor Actriz Secundaria (María Lado) e Mellor Música Orixinal (Piti Sanz). O vindeiro 30 de abril, a produción optará a un Premio Max como mellor Espectáculo Revelación por Galicia.

Estilo cinematográfico

Dramaturgo e realizador angloirlandés, Martin McDonagh (Inglaterra,1970) destaca polas súas pezas teatrais de gran brutalidade e estilo cinematográfico. Foi galardoado en 1996 co Premio do Círculo da Crítica Teatral Británica pola súa ópera prima, A raíña da beleza de Leenane, coa que inicia un ciclo de obras ambientadas no Condado de Galway (Irlanda). Esta Triloxía de Leenane inclúe tamén A skull in Connemara (1997), que Excéntricas presentou o ano pasado co título de Un cranio furado, e The Lonesome West (1999), que se presenta agora co nome de Oeste Solitario.

No ámbito audiovisual, Martin McDonagh gañou un Oscar en 2006 á mellor curtametraxe por Six Shotter, a súa primeira incursión no cine. Dous anos despois, estreou a súa primeira longametraxe, In Bruges, película gañadora dun Bafta da Academia Británica ao mellor texto orixinal e nomeada a un Oscar da Academia de Hollywood tamén na mesma categoría. McDonagh é o autor anglosaxón máis representado en América do Norte despois de William Shakespeare.

Venda de entradas

As entradas para as tres funcións de Oeste Solitario poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo de cada representación. Tamén se poden adquirir por adiantado na billeteira electrónica a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es. O prezo das localidades é de 10 euros para as funcións do venres e do sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven, desempregados e determinados colectivos profesionais) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.

Menús News node R

Tema