O conselleiro de Cultura e Educación entrega os premios ao alumnado galardoado na fase autonómica da Olimpíada Matemática
Xesús Vázquez Abad destacou a mellora significativa que os estudantes galegos están a acadar nos seus resultados en competencia matemática
Tres destes estudantes participaron na face nacional deste certame
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou hoxe os premios ás alumnas e alumnos galegos que resultaron galardoados na fase autonómica da Olimpíada Matemática, dos que 3 asistiron á fase nacional deste certame. Precisamente o conselleiro recibiu a semana pasada a estes tres estudantes, dos que Rivero Salgado foi o vencedor absoluto an fase nacional, polo que participará na 53rd International Mathematical Olympiad (Mar de Plata, Arxentina, do 9 ao 16 de xullo 2012) e mais na XXVII Olimpiada Iberoamericana de Matemática (Bolivia, setembro de 2012). Ademais, Gonzalo Cao Labora obtivo unha das medallas de bronce neste certame.
Vázquez Abad felicitou aos premiados, así como aos seus centros e familias polo apoio prestado, e salientou o nivel do alumnado galego na competencias matemática. Neste sentido cómpre lembrar que na Avaliación de Diagnóstico 2011 rexistrouse unha mellora significativa dos resultados na competencia matemática na etapa de secundaria, cun incremento de 4,1 puntos porcentuais do alumnado que se sitúa nos niveis medio-alto de rendemento (o 27,7%).
O conselleiro explicou que “unhas Olimpíadas coma estas transcenden o mero significado dun concurso, xa que son parte indisoluble da mellora dun sistema educativo coma o noso, que procura a excelencia”, ademais de contribuíren “de xeito notable a divulgar as matemáticas e a súa aprendizaxe, así como a captar talentos incipientes”.
Neste sentido Vázquez Abad salientou o despegue “moi significativo” que están a experimentar as matemáticas en Galicia e España están experimentando un despegue moi significativo, sobre todo nos últimos anos, acadando un lugar relevante no mundo.
Deste xeito o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia “a seguir contribuíndo e, sobre todo, a cultivar a vosa curiosidade por todo o que vos rodea, porque, será desa curiosidade da que saian os maiores logros”.
Galardoados
Na cerimonia, celebrada na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, 20 estudantes recibiron 3 primeiros premios, 3 segundos premios, 3 terceiros premios e 11 mención de honra, e son os diplomas que imos entregar.
No caso dos primeiros premios, os galardoados - e participantes na fase nacional- foron Gonzalo Cao Labora(IES Eusebio da Guarda, A Coruña), Carlos García Ling (Colexio Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela), e Óscar Rivero Salgado (IES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia). O segundo posto acadárono Diego Abel García, (IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela), José Enrique Domínguez Vidal (IES Francisco Aguiar, Betanzos), e Marta Pita Vidal (IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela). Por último, foron recoñecidos co terceiro premio Breixo Xesús Álvarez Domínguez (IES Val Miñor, Nigrán), Elia Fernández Blanco (IES Chapela, Redondela) e Mauro Paradela del Río (Colexio Maristas Santa María, Ourense).
Doutra banda recibiron a súa mención de honra Diego Armesto García (IES Valle Inclan, Pontevedra), Carlos Daviña Núñez (IES Rosalia de Castro, Santiago de Compostela), Nicolás Matovelle Trigo (CPR Colegio Junior's, Roxos), David Mosquera Lois (IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela), Miguel Múgica de Rivera (CPR Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela), Álvaro Peleteiro Abeal (CPR Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela), Alejandro Peral Taboada (IES Urbano Lugrís, A Coruña), Alberto Rama Fernández (IES Rosalia de Castro, Santiago de Compostela), Rafael Ramos Domínguez (IES Monelos, A Coruña), Adrián Rodríguez Vilas (IES Otero Pedrayo, Ourense), Javier Vivanco Vázquez (IES de Cacheiras, Teo).
O certame
A fase autonómica da Olimpíada Matemática está aberta á participación de todo o alumnado de bacharelato, aínda que excepcionalmente se permite a participación de alumnado da segunda etapa da ESO, con aval do seu profesorado. De feito, os alumnos que recibiron hoxe os tres primeiros premios comezaron participando, e gañando en Galicia, dende 3º ESO.
Nas probas de Galicia, celebradas en decembro de 2011, houbo 100 participantes, dos que 20 resultaron premiados