O conselleiro de Cultura e Educación recibiu ás dúas alumnas cuxo proxecto foi seleccionado no certame “You Tube Space Lab”

Mar, 17/04/2012 - 18:12
O conselleiro de Cultura e Educación recibiu ás dúas alumnas cuxo proxecto foi s
O conselleiro de Cultura e Educación recibiu ás dúas alumnas cuxo proxecto foi seleccionado no certame “You Tube Space Lab”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu esta tarde a María Pazos Vila e Laura Calvo Gens, as dúas alumnas do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) cuxo proxecto foi seleccionado entre máis de 2.000 experimentos de 80 países no certame 'You Tube Space Lab'. O recoñecemento ao seu traballo, sobre o comportamento da auga e o aceite mesturados cun surfactante (lavalouza) en situación de microgravidade, fíxoas merecedoras de viaxar a Washington para experimentar a gravidade cero.

Ao encontro asistiron tamén o director do centro e titor das alumnas, Rodrigo Costoya, e o profesor encargado do proxecto, Javier Méndez Zunzunegui.