Vázquez Abad inaugura a exposición permanente Pintor Xosé María Barreiro Gómez no Mosteiro de Aciveiro, en Pontevedra

A mostra, que conta cun depósito inicial de 49 cadros de varios estilos e autoría, forma parte do proceso de restauración da obra monacal de Aciveiro

Sáb, 14/04/2012 - 18:00
O conselleiro de Cultura no Mosteiro de Aciveiro
O conselleiro de Cultura no Mosteiro de Aciveiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe a exposición permanente Pintor Xosé María Barreiro Gómez composta por 49 obras de diversos estilos e autoría.

Durante á inauguración o conselleiro destacou a importancia da colección que desde hoxe pode ser visitada polo público e felicitou aos promotores e organizadores “por levar a bo termo esta importante iniciativa cultural”, ao tempo que destacou a importancia desta iniciativa dando a través desta iniciativa “achegan a mellor oferta cultural posible á xente e fan cultura local con maiúsculas, potenciando, ademais, un ben monumental como é este antigo espazo cenobial de Aciveiro”.  

Barreiro Gómez

Respecto do artista o que debe o seu nome a mostra asegurou que “Barreiro Gómez, un creador, que polo conxunto da súa traxectoria artística cabe definilo xa como un pintor maior de Galicia”.

Asemade destacou a importancia da labor desenvolvida polo pintor, cunha ampla traxectoria que deu comezo nos anos 50 e xa comezou a recibir premios de pintura xuvenial, e posteriormente participou nun seminario en Madrid con premiados de toda España. Posteriormente Barreiro Gómez continuou a desenvolver a súa traxectoria tanto en España, como en Arxentina, Estados Unidos e Europa, onde xa tivo realizadas diversas exposición.

Vázquez Abad dixo que “os maiores soños das persoas e as meirandes aspiracións dos pobos nacen do amor e fanse realidade grazas ao traballo. Neste caso, aínda que o amor do forcaricense Xosé María Barreiro Gómez á súa terra e ás súas xentes é o xermolo de todo, resulta evidente que a consecución desta mostra Pintor Xosé María Barreiro Gómez é un éxito colectivo”.

A mostra

Respecto da mostra, propiamente dita, o titular da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia destacou que “trátase dunha colección composta por clásicos incuestionables da nosa plástica, con obras exemplares do mellor realismo interpretativo, do naturalismo, do realismo máxico, do surrealismo, do expresionismo, do informalismo e dun longo etcétera de vangardas e escolas representadas neste escolmado e selecto catálogo que inclúe a moitos dos mellores pintores galegos do século XX”.

Asemade o conselleiro recordou que o Mosteiro de Aviceiro e o concello “será un excelente lugar para achegarse á obra de grandes pintores internacionais e españois. Aos grandes mestres da pintura galega do século XX, posto que, desde hoxe, artistas como Eugenio Granell, Laxeiro, Luis Seoane, Urbano Lugrís, Leopoldo Novoa ou, o propio Xosé María Barreiro, forman parte da vida e da oferta cultural de Forcarei” e engadiu que “esta mostra inclúe a moitos dos artistas que agrandaron a senda da pintura galega durante o século XX e proxectaron a nosa plástica a nivel internacional”.