A Consellería de Cultura e Educación publica a orde que desenvolve o decreto das ensinanzas universitarias oficiais

Así dáse un novo paso a prol da racionalización do sistema universitaria co obxectivo de lograr unha maior calidade

Xov, 29/03/2012 - 19:20

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a orde pola que se desenvolve o Decreto 222/2011 polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cómpre lembrar que o Decreto publicouse o 9 de decembro no Diario Oficial de Galicia logo de ser consensuado coas tres universidades galegas e que foi aprobado o pasado mes de decembro foi aprobado en Consello da Xunta. A orde que hoxe se publicou contribuirá de xeito moi positivo a facilitar ás universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) a planificación da súa oferta formativa.

Necesidades prioritarias

Cómpre sinalar que na orde especifícase que para a solicitude para impartir ensinanzas universitarias é preciso unha xustificación de interese socioeconómico para a Comunidade Autónoma, no que se dé conta da oportunidade que supón dita titulación: ao tempo que resposta ás necesidades prácticas e científicas do SUG e tendo en conta o equilibrio territorial.

Ademais deberán realizar un estudo de empregabilidade dos futuros titulados, do mesmo xeito terán que presentar unha análise sobre a posible demanda real da titulación proposta e evitar duplicidades de estudos entre universidades galegas.

Asemade compre destacar que os títulos de grao deberán ter un número mínimo de 50 alumnos de novo ingreso; mentres que para os másteres universitarios será de 20 e para os programas de doutoramento o mínimo se sitúa en dez matriculados.

O contido

Así a orde que desenvolve o mencionado decreto regula as seguintes cuestións: informe previo de envío a verificación; autorización de implantación de ensinanzas universitarias oficias; verificación, acreditación e seguimento dos títulos; planos de viabilidade; modificacións dos planos de estudos; extincións dos planos de estudos; supresión de ensinanzas e revogación da autorización de implantación.

Deste xeito a Consellería continúa a dar os pasos precisos para a regulación dos estudos universitarios en Galicia co fin de acadar cada vez unha maior calidade.

Con esta orde, consolídase o esforzo da Consellería para acadar unha racionalización da oferta universitaria. Os procedementos descritos na norma, dunha banda garanten a calidade das novas propostas de titulacións, esixindo o cumprimento dunha serie de condicións que avalen a súa pertinencia socioeconómica; por outra, esixen o mantemento dunha demanda social mínima para os títulos xa en funcionamento.