O Secretario Xeral de Educación e o delegado territorial da Xunta na Coruña visitaron as obras do novo CEIP Ramón Cabanillas, en Santiago

O centro terá construídos máis de 3.500 metros cadrados e conta cunha inversión de preto de catro millóns de euros

Mér, 10/02/2010 - 14:30
José Luis Vázquez, Secretario Xeral da Consellería de Educación e O.U.
José Luis Vázquez, Secretario Xeral da Consellería de Educación e O.U.

O Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Luis Vázquez, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, visitaron hoxe as obras do futuro CEIP Ramón Cabanillas. Os traballos realizados nas instalacións estarán rematadas nos vindeiros meses encóntranse situadas en Pontepedriña (Santiago de Compostela), e contaron cunha inversión de 3.904.559 euros para a urbanización de7.782 metros cadrados, dos que 3.538 están destinados aos novos edificios. O novo centro realizase co traballo da Consellería de Educación e grazas á colaboración do Concello de Santiago que cedeu os terreos para a construción das novas instalacións.

O edificio situado en Pontepedriña (Santiago de Compostela), terá tres plantas, que estarán divididas dun semisoto, primeiro e segundo andar, estarán situadas seis unidades destinadas aos 150 alumnos de infantil, e doce para os 300 nenos e nenas de primaria. Os estudantes contarán cunha pista polideportiva cuberta e outra descuberta, comedor, biblioteca, aula de informática e aparcamento. No proxecto do novo centro tívose en conta o terreo o que se está a construír e través dunhas rampas queda garantida a accesibilidade o mesmo.

Unificación de centros

A nova escola unificará aos alumnos e alumnas que ata agora estaban a ser matriculados no actual CEIP Ramón Cabanillas e no CEIP Colexiata do Sar. Na actualidade estudan 141 alumnos no primeiro e 116 no segundo polo que era preciso realizar novas instalacións para todos eles e outros 257 matriculados.

Tras a visita o Secretario Xeral asegurou que "as obras, que remataran non vindeiros meses, permitirán que o próximo curso escolar máis nenos e nenas poderán acceder a unhas novas instalacións adaptadas para eles. Con esta obra a Consellería volve a demostrar, unha vez máis, ó seu interese por dar os mellores servizos aos estudantes galegos".

Pola súa banda Diego Calvo destacou o esforzo da Consellería de Educación por "mellorar as condicións de traballo dos alumnos e mestres da provincia- ao que engadiu que- con esta construción mostrase unha vez más o interese por dar os mellores servizos a comunidade educativa co obxectivo de ter xeracións mellor formadas". Durante o percorrido tamén estivo presente a xefa territorial de educación da Coruña, María Teresa Villaverde.