Anxo Lorenzo destaca a contribución de Carlos Casares á cultura galega no décimo aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Cultura acompañou esta mañá os familiares e amigos do escritor na ofrenda floral que tivo lugar no cemiterio de Nigrán

Ven, 09/03/2012 - 17:10

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañou esta mañá a familia de Carlos Casares no acto de homenaxe con motivo do décimo aniversario do pasamento do escritor. Familiares e amigos recordaron esta figura senlleira das letras galegas nun acto que tivo lugar no cemiterio de Nigrán, onde se realizou unha ofrenda floral e a lectura dun poema sobre a figura do autor.

Anxo Lorenzo destacou a importante contribución de Carlos Casares á cultura galega, a través da súa obra e tamén da súa traxectoria persoal, destacando o seu labor de ponte con outros territorios e culturas literarias.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén colaborando coa Fundación Carlos Casares para difundir e poñer en valor o legado do escritor a través da realización de diversas actividades culturais que leva a cabo a entidade.

Menús News node R

Tema