O conselleiro de Cultura e Educación clausura a segunda edición #Nethinking, celebrada na Illa de San Simón

Xesús Vázquez Abad destacou que “estes días a Illa do Pensamento é un centro de intercambio de ideas sociais” e resaltou a importancia deste tipo de eventos recordando que na actualidade “o noso alumnado e nativo dixital”

O evento foi retransmitido a través de streaming e do Twitter, onde o hashtag é Nethinking2012, con mais de 5.000.000 impresións e 1.300.000 seguidores

Xov, 08/03/2012 - 19:30
O conselleiro de Cultura hoxe en San Simón
O conselleiro de Cultura hoxe en San Simón

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe o segundo encontro #NeThinking que se celebrou desde onte na Illa de San Simón.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou a importancia das novas tecnoloxías, do seu coñecemento e uso e, ao fío do mesmo, asegurou que “a Illa de San Simón é estes días un centro de intercambio de ideas sociais e universalmente recoñecida. Os dez séculos de historia deste espazo contemplaron o mellor e o peor do ser humano, serviron de inspiración para artistas, pero tamén foi un sanatorio de leprosos, cárcere e escenario de batallas. Este pasado mostrou o único camiño: o do diálogo e o pensamento. A Illa do Pensamento é, pois, agora, foco de ideas e pensamentos”, ao que engadiu que “é un punto estático no océano que se foi convertendo en referente de movemento, dinamismo e innovación. Resulta sorprendente que calquera persoa, desde calquera punto do planeta, puidera seguir en tempo real - por streaming e Twitter- cada un dos paneis temáticos deste encontro que agora remata”

Durante estes dous días a Illa de San Simón congregou a numerosos expertos nas redes sociais e activos blogueiros que analizaron a revolución de Internet e os retos que a Rede implica como plataforma de comunicación e relacións sociais. Así entre os asistentes estiveron o director do master de comunicación dixital da Universidade de Alcalá de Henares, Javier Celaya; o director de cine Nacho Vigalondo, o xornalista, Antón Losada, o líder do grupo Siniestro Total, Juliñan Hernández; e o community manager de La Vozde Galicia, Nacho de la Fuente, entre outros relatores. Entre os asistentes á clausura estiveron presentes o director xerente da Illa de San Simón, Javier Alonso González; e o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares.

Gran seguimento

Vázquez Abad resaltou a importancia deste tipo de eventos, xa que como conselleiro de Cultura e Educación recordou que “son consciente da oportunidade que supón a web 2.0. O noso alumnado é nativo dixital, que naceu e foi criado coñecendo outra forma de comunicarse e interactuar cos seus semellantes. Atender as súas necesidades, axudarlles a orientarse no mundo complexo e cheo de posibilidades, pero tamén de resgos, é an osa responsabilidade, a de todos”, ao que engadiu que “a proliferación de ferramentas de colaboración, redes sociedades e aplicacións web na que a participación é clave. Sectores que tradicionalmente tiveron dificultades para chegar ao gran público encontran agora o seu espazo. Os sen voz atoparon a súa voz”.

O encontro, que non contou con público presente na Illa de San Simón, foi retransmitido por streaming e por Twitter a través do hashtag Nethinking2012, a través do que os seguidores enviaron todas as súas preguntas durante estás dúas xornadas de debate e reflexión. Todos eles tiveron un seguimento de máis de 5.000.000 de impresións e por enriba de 1.300.000 seguidores, o que supón mais do dobre e un 33% máis que o ano pasado respectivamente.

Así a iniciativa continúa a ter un enorme éxito, do mesmo modo que aconteceu na primeira edición, celebrada en 2011, e que xa tivo unha gran notoriedade tanto nas redes sociais ao tempo que xerou ideas que se desenvolveron a través das sesións dinámicas, grazas a achega de todos os participantes, tanto dos relatores como dos seguidores.

O contido do evento

O encontro contou con cinco paneis temáticos divididos entre software, que fai referencia ao mapa de redes; os modelos de negocio que fala dos dereitos de autor; contidos sobre os modelos de comunicación; fiabilidade no que se fala da seguridade e credibilidade e finalmente o último apartado dedicado a falar do futuro.

Cos resultados obtidos neste segundo encontro #NeThinking cúmprese coa máxima de converter durante estes dous días a Illa de San Simón na Illa do Pensamento, tanto de forma física como virtual, un lugar onde conversar sobre os modos de comunicar na era de Internet, analizando o presente e preparando o futuro.

Menús News node R

Tema