Vázquez Abad salienta o valor do acento galego que María do Ceo imprime ao fado portugués

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou hoxe á artista na presentación do seu décimo disco de estudio

Xov, 08/03/2012 - 14:34

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez

Xesús Vázquez Abad xunto a María do Ceo
Xesús Vázquez Abad xunto a María do Ceo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; acompañou hoxe a María do Ceo na presentación de Fado com outro acento, un título que, tal e como explicou o conselleiro, “fai alusión a ese acento galego que ela imprime ao fado portugués e que a define como intérprete”.

Vázquez Abad gabou o traballo e a voz de María do Ceo, “que anoa e reúne dúas tradición musicais e culturais irmáns, a portuguesa e a galega”; e salientou o valor deste disco para celebrar a declaración do fado como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO, o pasado ano 2011.

Co gallo do Día Internacional da Muller o conselleiro salientou así mesmo o papel de muller empresaria e produtora discográfica de María do Ceo, que representa “un exemplo de loita e carácter e paixón musical e de esforzo para saír adiante cun proxecto creativo único no noso panorama musical”. “Para min, María do Ceo é a humanidade galega feita fado”, rematou.

O décimo disco de estudio de María do Ceo está composto por 13 temas, na súa maioría fados tradicionais. Ademais inclúe dous temas novos compostos por Armando González, e cancións como A Menina das calças pardas e a versión en portugués de María La Portuguesa.

Menús News node R

Tema