O conselleiro de Educación reúnese con directores de colexios de Cambados, O Grove e Meaño para analizar as necesidades educativas

Mar, 30/01/2024 - 21:14
s

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos directores dos colexios CEIP San Tomé (Cambados), CEIP Plurilingüe de Conmeniño e CEIP Rosalía de Castro (ambos os dous no Grove), e CEIP Coirón-Dena (Meaño) para analizar futuros iniciativas en materia educativa.

Neste sentido, analizáronse as distintas necesidades de cada un dos tres centros e abordáronse as posibles solucións a medio prazo, en función da prioridade de cada unha delas, e algunhas delas xa en marcha. En calquera caso, o titular do departamento educativo da Xunta emprazou aos directores a futuros encontros con representantes da Xefatura Territorial da Consellería en Pontevedra para concretar as actuacións a desenvolver.