O conselleiro de Educación fixo entrega das bolsas de axudas para estudantes da Fundación Ventura Figueroa

Entre os 18 gañadores, familiares do fundador, se repartiron 28.800 euros

Ven, 29/01/2010 - 19:06

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria fixo hoxe entregas das bolsas a estudantes da Fundación Ventura Figueroa. En total 18 universitarios se beneficiaron das axudas cun valor total de 28.800 euros. Na concesión das bolsa estiveron presentes os vogais do padroado o secretario xeral de Educación, José Luis Vázquez e Adela Rey Abelleira.

Ao longo da súa intervención Vázquez Abad sinalou que "estas axudas van destinadas a recompensar os esforzos dos estudantes por ser os mellores nas súas carreiras. Unha forma de ser que lles permitirá chegar moi lonxe na súa vida profesional", ao que engadiu que os premiados deben agradecer as súas familias o apoio que estes lles dan para continuar día a día cos estudos. O conselleiro recordou que as bolsas das que hoxe se fixo entrega non só son unha recompensa aos traballos dos alumnos e alumnas galardoados, senón que ademais é unha motivación máis para seguir pola boa liña educativa que cada un dos estudantes está a levar.

Contía das axudas

Nesta convocatoria déronse dúas bolsas máis que en anteriores edicións. En total se distribuíron catorce axudas de 1.200 euros cada unha, para inicio ou continuación de estudos de grao, licenciatura, arquitecto, diplomado, mestres, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico. Ademais de dúas bolsas de 2.400 euros, cada unha, para continuar os estudos universitarios de terceiro ciclo ou os estudos oficiais de máster. A última partida foron dúas bolsas, de 3.600 euros cada unha, para os estudos conducentes ao título de doutor.

Os beneficiarios

No momento de conceder as bolsas tivéronse en conta a situación económica dos solicitantes, a súa traxectoria académica e o grao de parentesco co fundador. Respecto do ano pasado introducíronse
novidades debido a adaptación das titulacións ao novo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Por este motivo contemplouse que os solicitantes estean a cursar calquera dos títulos universitarios que coexisten na actualidade, estean ou non adaptados ao EEES. E atendendo á actual situación de crise polo que se está pasando, darase unha maior preferencia no acceso ás axudas aos solicitantes que presenten máis dificultades económicas.

A fundación

Con esta resolución consolidase a labor da Fundación Ventura Figueroa, centrada na actividade benéfica. A entidade, a máis antiga de Europa, foi fundada polos herdeiros de don Manuel Ventura Figueroa, figura destacada na historia de España durante o século XVII, época na que foi patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castilla.