Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración o profesorado do corpo, para extinguir, de profesorado técnico de formación profesional no corpo de profesorado de ensino secundario

Mér, 22/11/2023 - 10:07

Xúntase a Resolución do 22 de novembro de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesorado técnico de formación profesional se integre no corpo de profesorado de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

O persoal interesado, que figura nos anexos da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 23 de novembro ata o 7 de decembro de 2023, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.