O secretario xeral de Cultura visita a Biblioteca nodal de Pontevedra
Ven, 24/02/2012 - 18:35
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta mañá a Biblioteca nodal de Pontevedra, acompañado polo xefe territorial en Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez. Alí foron recibidos pola actual responsable da biblioteca, Pilar Fernández, con que visitaron as instalacións da biblioteca.
O obxectivo desta visita é coñecer de primeira man a realidade das bibliotecas nodais de Galicia. A Consellería de Cultura e Educación está a traballar para continuar desenvolvendo as liñas de actuación necesarias que permitan avanzar na dotación de servizos e proxectos culturais en materia de bibliotecas.