Título node Learning object

A Educación viaria na lexislación anterior á LOE
Mér, 22/02/2012 - 09:44
Alex Winten conducindo o seu primeiro automóbil. Fonte: Banco de imaxes do INTEF

O Código da Circulación do ano 1934 establecía a obrigatoriedade de impartir ensinanzas sobre norma de circulación e consellos de prudencia nos centros escolares.
A partir de 1961 aparecen unha serie de disposicións relativas á obrigatoriedade da Educación Viaria nos programas escoares. Toda esta normativa púxose en marcha só de xeito excepcional.
No ano 1970, coa promulgación da Lei Xeral de Educación, hai un cambio na incorporación de contidos, de propostas metodolóxicas e de desenvolvemento na aula.
En 1973 a Dirección Xeral de Ordenación Educativa aproba as Orientacións pedagóxicas para o desenvolvemento da Educación Viaria nos ciclos Inicial, Medio e Superior da EXB, o que supón un claro cambio.
Nos anos 1980 e 1981, coa publicación dos Programas Renovados para Preescolar e EXB, lógrase a incorporación a incorporación definitiva da Educación Viaria no sistema educativo, quedando integrada nos cursos de Preescolar e Ciclo Inicial na área de experiencias; nos cursos 3º, 4º e 5º na área de Ciencias Sociais; e no Ciclo Superior na subárea de Educación Ética e Cívica.
En 1990 apróbase a Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) e supuxo unha diferenciación na práctica educativa dos conceptos de Educación e Formación Viaria. Sen embargo, esta lexislación non se concretou na práctica educativa diaria e quedou reducida a clases esporádicas e, en cumplimento da Lei, en algúns dos libros de texto publicados.
No ano 2002, coa publicación da Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE), acentúase o tratamento da Educación Viaria como eixo transversal do currículo e nela recóllense en diferentes obxectivos propios das diferentes etapas educativas contidos relacionados coa Educación Viaria. Nesta lei tamén se poden atopar referencias á Educación en Valores, entre as que se encontra a Educación Viaria, un antecedente do que se establece actualmente na LOE.

(Fonte documental: DGT)