Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica

Xov, 05/10/2023 - 12:06

Xúntase a Resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) , nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020νmpub=1& lang=gl) no prazo comprendido entre o día 6 de outubro de 2023 e o 10 de outubro de 2023, ambos incluídos.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.,

Achegase resolución, baremo provisorio e relación provisoria de persoas excluídas.