Resolución definitiva da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023
Xúntase a Resolución do 15 de setembro de 2023 da Comisión designada no procedemento, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserto esta nova convocatoria e se aproba e publica a relación de persoas que se exclúen definitivamente.
O persoal interesado, que figura no anexo I da citada resolución, poderá presentar recurso administrativo obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "recurso de reposición" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido dun mes dende o seguinte á publicación desta resolución no portal educativo.
Non se admitirán as recursos que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Orde do 17 de xaneiro de 2023 (DOG n.º 18, do 26 de xaneiro)
Resolución provisional do 27 de abril de 2023
Anexo I: RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS SOLICITANTES EXCLUÍDAS
Resolución definitiva do 23 de maio de 2023 (primeira convocatoria)
Anexo I: Relación definitiva de persoas solicitantes excluídas
Resolución provisional do 21 de agosto de 2023 (segunda convocatoria)
Resolución definitiva do 15 de setembro de 2023 (segunda convocatoria)
Anexo I: Relación definitiva de persoas solicitantes excluídas