O secretario xeral de Cultura visita a Biblioteca Nodal da Coruña
Mér, 15/02/2012 - 19:07
Anxo Lorenzo visitou está mañá a Biblioteca Nodal da Coruña. Durante o percorrido polas súas instalacións o secretario xeral de Cultura estivo acompañado pola directora do centro, Laura Gónzalez-Garcés Santiso.
Con esta visita Anxo Lorenzo continúa a coñecer de primeira man as bibliotecas nodais galegas, do mesmo xeito que aconteceu coa situada en Vigo.