O conselleiro de Cultura e Educación asiste á inauguración da mostra Materialeza 1999-2011, en Pontevedra

A mostra, asinada polo artista venezolano Dario Basso, esta composta por cincuenta cadro de gran formato e trece cadernos de campo con acuarelas

Mar, 14/02/2012 - 21:07

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou a mostra Materializa 1999-2011  no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, que se poderá visitar ata o vindeiro 14 de marzo.

A obra, asinada por  Dario Basso, esta composta con cincuenta cadros de gran formato e trece cadernos de campo con acuarelas, a través dos que mostra os doce anos empregados polo artista galego nacido en Venezuela para investigar a interacción da Natureza coa pintura, como parte do proceso creativo no que interveñen os axentes naturais e os factores climáticos.

Durante o acto inaugural o conselleiro fixo referencia ao artista sinalando que “propón unha viaxe pictórica polas diferentes culturas do mundo a través dunha lingua propia, dun catálogo de símbolos, emblemas e texturas. Pero tamén propón unha singradura pola multiculturalidade, pola identidade de multiculturalidade, pola identidade de multitude de pobo e civilizacións”, ao que engadiu que “a arte de Darío Basso é un rexistro deses valores en movemento. As súas obras son fragmentos de vida e memoria que conteñen mensaxes de modernidade e valores ecolóxicos, pero tamén atemporais interpretacións da cultura e da natureza dos pobos”.

Basoo e Pontevedra

Vázquez Abad tamén fixo referencia a relación do pintor con Pontevedra, xa que nos oitenta percibiu una bolsa de axudas da Deputación coa que se trasladou a París para continuar coa súa formación. “Basso continúa a tradución de excelencia da mellor pintura galega. Supón un elo máis dunha longa cadea de artistas que acadaron que a nosa pintura sexa hoxe, non só unha parte esencial do noso patrimonio histórico- artístico, senón un referente estético recoñecido no panorama nacional e internacional”.

O conselleiro de Cultura e Educación aproveitou para recordar que “nun momento no que a cooperación e compartir ideas e proxectos é fundamental, desde este departamento estamos encantados de colaborar coa Generalitat de Valencia, a Comunidade de Madrid, o Consorcio de Museo da comunidade valenciana, o Centre del Carmen da cidade do Turia, o Museo de Pontevedra e o Altanakultur Stidtug alemá, para propiciar que esta importante mostra que hoxe inauguramos chegue ata aquí”. Ao mesmo tempo destacou que “o Museo de Pontevedra é unha institución non so fundamental para o patrimonio e a cultura da cidade do Lérez, senón un importante eixo das políticas culturais locais, básico para o progreso educativo e social do conxunto da súa poboación”.

Na mostra tamén estiveron presentes a comisaria da mesma, Marta Lorca, o presidente da Deputación, Rafael Louzan; a presidenta executiva do Museo, Ana Isabel Vázquez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Corés Tourís.

O autor

Cómpre destacar a ampla traxectoria do artista para o que esta mostra é como unha viaxe a través das súas etapas creativas, nas que asumiu a representación visual e plástica como unha ponte entre Oriente e Occidente construída a través das estanzas de Basso en Roma, Nova York, París, Nepal, India, Exipto ou a súa natal Venezuela, lugares todos eles nos que a natureza lle deu unha ampla visión estética desde a etnoloxía á ecoloxía.

Desde xeito Darío Basso da conta a través da súa obra dunha ampla traxectoria artística que poderá ser visitada no Museo de Pontevedra ata o mes que ven, e que permitirá a todos os públicos achegarse a ela. Para os escolares abriranse grupos especiais o que achegará o arte ás aulas galegas.