Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas de celebración das probas e material de consulta permitido. Primeira convocatoria 2023

Mar, 25/04/2023 - 21:54

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023, así como as datas de celebración das probas, o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba e a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.