Resolución definitiva de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación

Ven, 21/04/2023 - 08:10

Xúntase a Resolución do 20 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

O persoal concursante poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.