Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 das especialidades de Educación primaria (597038) e Educación infantil (597031) do corpo de mestres

Ven, 20/01/2023 - 13:38

Xúntase a Resolución do 19 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ás especialidades de Educación primaria e Educación infantil do corpo de mestres.

 

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), do seguinte xeito:

 

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegación” da instancia de matrícula na especialidade correspondente. IMPORTANTE: A ALEGACIÓN TEN QUE FORMULARSE NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 28 DE XANEIRO DE 2022 (DOG DO 31/01/2022). LEMBRE QUE SE TEN PRESENTADAS NA SEDE VARIAS SOLICITUDES DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS DEBE ESCOLLER A ALEGACIÓN NA SOLICITUDE DESTA CONVOCATORIA CONCRETA.

 

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

 

- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 19 DE XANEIRO DE 2023 e especificar a especialidade que reclama

 

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

 

As listaxes provisorias de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/.