Xesús Vázquez Abad asiste á presentación do filme Arrugas, candidato aos Goya na categoría de mellor película de animación e guión adaptado

A Consellería subvencionou en 2009, a través de AGADIC, a longametraxe ‘Arrugas’ cuxa música foi creada por Nani García e gravada coa Real Filharmonía de Galicia

A estrea da película nas salas de toda España será o vindeiro 27 de xaneiro

‘Arrugas’ esta preseleccionada aos Oscar na categoría de mellor Longametraxe de animación e proposta na categoría de Mellor Longametraxe os Premios ANNIE

Xov, 19/01/2012 - 14:10

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez (corte 1)

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez (corte 2)

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez (corte 3)

Vídeo coas declaracións de Xesús Vázquez (corte 4)

Xesús Vázquez Abad asiste á presentación do filme Arrugas, candidato aos Goya  n
Xesús Vázquez Abad asiste á presentación do filme Arrugas, candidato aos Goya na categoría de mellor película de animación e guión adaptado

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asegurou hoxe que “quero desexarlles toda a sorte nos próximos premios da Academia do Cine a todos os galegos propostos nesta edición a través dos filmes de animación Arrugas, The little wizard, e Bird Boy así como a Luis Tosar pola súa interpretación en "Mientras Duermes”.

O conselleiro de Cultura e Educación fixo estas declaracións hoxe pola mañá durante a rolda de prensa de presentación da película de animación Arrugas, realizada na sede da SGAE, en Santiago. Un acto estivo o produtor  Manuel Cristóbal ; o autor do cómic Arrugas, Paco Roca; Ignacio Ferreras  director xerente del consorcio da película, Rosa Vilas, directora da televisión de Galicia. Xunto a todos eles, entre os asistentes, estiveron o presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero.

A película Arrugas está seleccionada para os Goya que se entregarán o vindeiro 19 de febreiro nas categorías de Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado, a cargo de Ángel de la Cruz. Asemadecompre engadir que o filme conta con distintos premios e foi proposta na modalidade de Mellor Longametraxe, tanto aos Oscar como aos Premios ANNIE, organizados por ASIFA-Hollywood.

Dobre candidatura

Durante a rolda de prensa de presentación, o conselleiro de Cultura e Educación resaltou que “este é o primeiro filme animado que logra a dobre candidatura para os premios da Academia do Cine Español”, ao que engadiu “isto é un recoñecemento máis a este filme no que se reflicte con tenreza a crúa realidade na que se mesturan a vellez e o Alzheimer, unha historia que xa fora premiada tanto na súa versión en cómic como na súa recreación na gran pantalla”.

Vázquez Abad destacou a aposta e o respaldo que desde Galicia se está a dar ás novas creacións e a todas a empresas e iniciativas galegas que están a desenvolver o seu traballo desde Galicia, ao tempo que recordou que “a música deste filme animado gravouse coa Real Filharmonía de Galicia, e cuxa música esta composta por Nani Garcia”, Cómpre destacar que Nani García leva asinadas numerosas bandas sonoras como a dos filmes de animación De Profundis eOnde está a felicidade?, ou a longametraxe Pradolongo, o que é unha clara mostra da calidade que acadan os filmes cuxa realización e produción se desenvolven en Galicia.

O filme, que chegará as salas de toda España o vindeiro 27 de xaneiro, esta baseado no cómic homónimo asinado por Paco Roca, unha obra polo que o seu autor foi recoñecido en 2008 co Premio Nacional do Cómic. Cómpre sinalar que na xornada de hoxe tamén foi presentada a edición galega do cómic Arrugas, cuxa edición corre a cargo de El Patito Editorial.

O filme

Arrugas, quefoi coproducida pola produtora galega Perro Verde e recibiu unha subvención por parte de Agadic en 2009, narra a amizade de dous anciáns nun xeriatrico, ao que chegan marcados polos sinais da vellez. Así Miguel, con principio de Alzheimer alíase con Emilio e con outros compañeiro para non acabar na planta superior do centro no que están os asistidos. Entre todos desenvolven un plan que, con chispas de comedia, ten momentos ternos, na procura de alternativas á situación na que se atopan.

Xunto a Arrugas os Goya 2012 teñen unha ampla representación galega, coas propostas de Luis Tosar como Mellor Actor polo seu traballo en Mientras duermes, filme producido polo galego Julio Fernández. Ademais tamén esta proposta The little wizard como Mellor Película de Animación, e Bird Boy ao premio de Mellor Curta de Animación.