Resolución provisional de centros seleccionados nas diferentes liñas de axuda previstas na convocatoria de axudas para centros privados concertados de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2022/23

Xov, 03/11/2022 - 15:23

Publicase a resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 27 de outubro de 2022, dos centros seleccionados nas diferentes liñas de axuda previstas na convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2022/23 recollida na orde do 14 de xullo de 2022 e publicada no DOG do 1 de setembro de 2022.