Listaxes definitivas das prazas de residencia correspondentes ao período extraordinario nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23

Mar, 04/10/2022 - 09:29

Resolución do 4 de outubro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2022/23 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  • Prazo para interpoñer o recurso: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais (entre o 5 de outubro e o 4 de novembro de 2022, ambos incluídos).