Listaxes provisionais das prazas de residencia correspondentes ao período extraordinario nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23

Ven, 23/09/2022 - 18:29

Resolución do 22 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2022/23 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración.

  • Prazo para presentar reclamación: entre o 22 e o 29 de setembro de 2022 (ambos incluídos).