Listaxes coas puntuacións definitivas das prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2022/23

Lun, 05/09/2022 - 13:10

Resolución do 5 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2022/23 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 6 de setembro e 5 de outubro de 2022), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.