A Consellería de Cultura e Educación leva cubertas preto de 600 prazas de profesores de Primaria e Secundaria en catro días

O departamento educativo da Xunta recorda que ten un dos sistemas más rápidos de todo o Estado para cubrir as baixas

Mér, 11/01/2012 - 17:10

Desde o pasado 5 de xaneiro a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva cubertas preto de seiscentas prazas de profesores nos centros educativos galegos.

Desde o pasado día cinco de xaneiro xa se levan cubertas máis de 280 prazas en educación primaria e preto de 300 na etapa de secundaria. Con estas cifras o departamento educativo da Xunta de Galicia continúa a cubrir as baixas co mesmo sistema que se emprega ao longo de todo o curso, e que é o mesmo que en anteriores gobernos da Xunta de Galicia, e que neste momento esta considerado un dos máis áxiles do Estado.

Cómpre sinalar que unha vez que o mestre da a coñecer a baixa, a Consellería activa o proceso habitual que é o de chamar ao profesore substituto cuxo perfil sexa acorde co da praza que ten a vacante. Así, as baixas sempre son cubertas con celeridade, dentro dos parámetros establecidos e sen prexuízo para os estudantes.

Neste punto é preciso destacar que se poden dar casos excepcionais nos que non aparezan profesores que acepten a substitución que se lles ofreza, ben porque non estea na área demandada polo profesor, ou porque non lles interesa nese momento e polo tanto non se cubra a baixa ao non ser aceptada a praza por ningún dos posibles substitutos, o cal alonga o proceso. En tal caso ábrese unha convocatoria pública para a súa cobertura.

Así a Consellería recorda unha vez máis que se está a seguir o sistema vixente desde hai anos co obxectivo de cubrir as necesidades dos estudantes dando resposta aos dereitos dos docentes.