Publicación da resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería curso 2022/23

Ven, 22/07/2022 - 15:00

Faise pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional dos méritos do persoal docente que participa no concurso de méritos específico para cubrir prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións e renuncias no prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 26 de xullo ata o día 29 de xullo de 2022, ambos incluídos).

As reclamacións e renuncias formularanse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

O formulario da solicitude xenérica PR004A debe cubrirse do seguinte xeito:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN ou Renuncia (segundo proceda) á RESOLUCIÓN DO 22 DE XULLO DE 2022.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

Menú Advertisement

Comisións de servizo

Sen términos