Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Mar, 05/07/2022 - 14:42

Resolución da X edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á X edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes premios:

  • Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil

Sopa verde, do CEIP Albeiros, Lugo

  • Categoría 2: 1º e 2º cursos de educación primaria

O camiño, do CEE Miño, Ourense

  • Categoría 3: 3º e 4º cursos de educación primaria

Un conto cheo de lobos, do CEIP Manuel Villar Paramá, A Estrada