A Consellería de Educación resolve os premios extraordinarios da ESO ao esforzo e o rendemento académico do curso 2010/2011

En cada unha das categorías resultaron galardoados 20 alumnas e alumnos de institutos galegos

A través deste premios búscase fomentar o esforzo no estudo reforzando aqueles aspectos relativos a calidade no sistema educativo

Ven, 23/12/2011 - 14:00

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar as resolucións dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nas categorías de esforzo e superación persoal por unha banda, e de rendemento académico por outra. Os 40 premios, 20 en cada modalidade, foron concedidos a estudantes que no 2010-2011 cursaron cuarto da ESO no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esforzo e superación

Coa convocatoria de premios ao esforzo e á superación persoal recoñecerse e valorarse publicamente os comportamentos excepcionais do alumnado dos niveis da educación básica, co fin de seguir avanzando na consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva, e de procurar un ensino comprensivo e integrado. Así, os gañadores son alumnas e alumnos que merecen un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar e sociocultural.

Neste apartado resultaron premiados 8 alumnas e alumnos da provincia da Coruña; unha de Lugo; tres de Ourense, e oito en Pontevedra.

Rendemento académico

Respecto da modalidade de rendemento académico, os candidatos debían tiveron unha media nas cualificacións dos catro cursos da ESO igual ou superior a 9 puntos. Ademais superaron unha proba realizada o pasado 18 de outubro nas capitais de provincias. Neste exame, estruturado en dúas partes, valorouse os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, a través de cuestións referidas ás materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas; e unha a escoller de entre física e química, música, bioloxía e xeoloxía, educación plástica e visual, tecnoloxía ou latín.

Nesta modalidade resultaron premiados seis estudantes da provincia da Coruña; tres de Lugo; dous de Ourense e nove de Pontevedra.

Con estes premios a Consellería de Educación quere fomentar entre o alumando a cultura do esforzo no estudo, reforzando aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo, e xuntando excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.