Nota informativa coa listaxe de concedidos e denegados de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus Estudos no curso 2021/2022

Mér, 13/04/2022 - 14:04

De Acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 12 de abril de 2022, elevar ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade a seguinte proposta de concesión de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus Estudos no curso 2021/2022. Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos e denegados.