Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Relación provisional de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2022

Mar, 12/04/2022 - 10:03

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución do 8 de marzo de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2022.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos admitidos e excluídos, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de emenda das solicitudes será do 13 ao 28 de abril de 2022, ambos os dous incluídos.