Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590122, 590124 e 590125)

Ven, 04/02/2022 - 12:49

Xúntase a Resolución do 4 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de procesos e produtos en artes gráficas (590122), sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario.

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico

Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e a relación definitiva de persoas admitidas xunto co baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) das persoas que xa figuran inscritas (anexo I).