Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño (594 e 595)

Mér, 15/12/2021 - 13:26

Xúntase a Resolución do  15 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

 

Menú Advertisement

Interinidades e substitucións

Sen términos