Proxecto de Decreto polo que se regula o procedemento para a designación dos representantes de organizacións sindicais nos consellos sociais das universidades do SUG

Ven, 25/11/2011 - 09:30

A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública do proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para a designación dos respresentantes de organizacións sindicais nos consellos sociais das universidades do SUG, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de sete días hábiles.

As suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final, no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Información pública (dende o 25 de novembro de 2011 ata o 2 de decembro de 2011), trámite de audiencia e petición de informes.

  • Forma de remisión das suxestións: Por vía telemática a través do correo electrónico suxestions.sxu@edu.xunta.es  As persoas que desexen presentar unha suxestión deberán facilitar os seguintes datos : Nome e apelidos, DNI e correo electrónico.

(Nota: Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e en todo momento respectarase o que sinala a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal  e Real Decreto 944/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal).