Título node Learning object

Presentación do libro "Comando igualdade"
Mér, 10/11/2021 - 16:05
portada

A libraría Lila de Lilith presenta a obra de coeducación "Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!", da que son autoras Chis Oliveira e Priscila Retamozo. A obra está editada por Catroventos.

 

Data: venres 12 de novembro de 2021
Hora: 19.30 h
Lugar: libraría Lila de Lilith -  rúa Travesa 7 (Santiago de Compostela)
Entrada: polas restricións de aforo, é necesario reservar praza no seguinte enderezo electrónico: liladelilith@gmail.com