Título node Learning object

Curso "Abrazar la diversidad: una responsabilidad educativa"
Xov, 04/11/2021 - 13:39
cartel

A Dirección Xeral de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI (do Ministerio de Igualdade) convoca neste 2021 un seminario de formación de balde sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseado na guía “Abrazar la diversidad: propuestas para una educación libre de acoso homofóbico y transfóbico” (descargable en PDF). Estas xornadas formativas están certificadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e están financiadas polo Fondo Social Europeo.

Ofrécense tres datas de realización:

  • En liña (coa colaboración da Universidade Complutense de Madrid): 12 e 13 de novembro de 2021.
  • En Oviedo (coa colaboración da Universidade de Oviedo): 19 e 20 de novembro de 2021.
  • En liña (coa colaboración da Universidade Complutense de Madrid): 25 e 26 de novembro de 2021.

Duración: 12 h
Inscricións: a través desta ligazón

Pódese consultar o programa da actividade nesta ligazón.