Listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense

Ven, 08/10/2021 - 10:10

Resolución do 8 de outubro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG núm. 113, do 16 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Prazo para interpoñer o recurso: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais (entre o 9 de outubro e o 8 de novembro de 2021, ambos incluídos).