Publicadas as listaxes coas puntuacións provisionais correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense

Mér, 29/09/2021 - 09:43

Resolución do 29 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG núm. 113, do 16 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración.

Prazo para presentar reclamación: entre o 29 de setembro e o 4 de outubro de 2021 (este incluído).